Exposición "25 anos de insubmisión" no centro social O Fresco


O pasado sábado 25 inaugurouse a presenza da exposición "25 anos de insubmisión" no centro social O Fresco (enlace), de Ponteareas. O acto, organizado polo Ateneo Lume Negro (enlace) e o propio centro social, consistiu nunha charla na que fixemos un breve repaso da historia do antimilitarismo, os seus principios e  vixencia  destancando, por suposto, o que supuxo a loita da insubmisión.

A continuación, unha serie de preguntas permitiron seguir profundando en cuestións como a ocupación de espazos da vida social por parte do exército, como é o caso d aUME, tna palpable en Galiza, ou outras vías de desobediencia ao militarismo a día de hoxe como a insumisión laboral.

Unha pequena merenda ofrecida polos colectivos organizadores puxo fin ao acto, se ben a expoisición seguirá cando menos unha semana máis no Fresco.