You are here
A industria armamentística
En maio de 2012 había no estado español 562 empresas inscritas no rexistro da Dirección General de Armamento y Material e unhas 29.000 persoas traballaban na industria de guerra no estado. A maioría, con diferencia, nos sectores aeroespacial e naval que, de feito, son os de maior facturación.
Porén, tanto a facturación como o emprego con céntranse en catro grandes empresas (datos do 2009): Indra (electrónica), EADS-Casa (aerespacial), Navantia (naval) e General Dynamics/Santa Bárbara (veículos blindados e armas lixeiras). Todas elas situadas no ranking das 100 primeiras empresas con maior produción militar mundial e as dúas últimas con presenza en Galiza, ao igual que URO (vehículos especiais) ou Ezentis (tecnoloxía).
A industria militar española está fortemente participada polo Estado e, grazas á política de portas xiratorias, íntimamente relacionada cos centros de poder do goveno. No ámbito privado, existe tamén unha importante relación coas entidades financieiras e grupos de capital risco.
Entre os destinos do material de defensa exportado, ademais da UE, a OTAN ou EEUU continúanse atopando outros países en conflicto armado oucon graves violacións dos dereitos humanos como Israel, Colombia, Exipto, Bahréin, Arabia Saudí, India ou Paquistán.