Medra un 1877% o orzamento para material antidisturbios


Na revista anarquista Abordaxe atopamos esta nova nada tranquilizadora:

Si!!, por enorme que poida parecer o tanto por cento de incremento "Un Mil Oitocento Setenta e Sete por cento", este é o resultado despois de facer unha simple operación aritmética (regra de tres) entre o presuposto do ano pasado 2012 contabilizado en 173 mil 670 € e o deste ano 2013 que acada a cifra de 3 millóns 260 mil €, segundo informacións da axencia EFE.

Ao mesmo tempo soubose que, según manifestou o mesmiño secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, nun almorzo-coloquio do Club Siglo XXI, as Unidades de Intervención Policial (UIP) das máis de 6.000 manifestacións e concentracións convocadas no pasado ano en todo o estado, se produciron incidentes en 271 e "tan só" en 39 delas a policía utilizou material antidisturbios, o que representa o 0,64 por cento do total.

Cal é a lóxica deste gasto ?? Qué se teme o Goberno español que se poida pasar para gastar esta inxente cantidade de diñeiro público en material antidisturbios como balas de goma, chalecos antibalas, botes de gases lacrimóxenos, porras de defensa ou escudos ??

Ademais outra curiosa noticia (ver imaxen) situa ao Estado español entre os países europeos con mais policías por ratio de habitantes, máis de 500 por cada 100 mil habitantes, só superada en Europa por Montenegro, Chipre e Rusia. É significativo observar que aqueles países que, supostamente teñen un nível de vida mellor, coincidan con os que teñen un ratio de menos policías por habitante.

eDu

---

Fonte: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2013/06/en-epoca-de-recortes-o-pr...