You are here
Reportaxe de Marga Tojo sobre o negocio das armas en España
A xornalista Marga Tojo elaborou unha reportaxe para o xornal dixital Dioivo no que fai un repaso do negocio da guerra no Estado Español a propósito dos últimos datos publicados sobre a venta de armamento a escala mundial. A nova recolle tamén unha entrevista a Jordi Calvo (Centro Delás) que vai estar con nós a mediados de abril para falar da industria militar.
Así comeza o artigo: "O Estado español é un grande exportador de armas. En concreto, o sexto mellor do planeta. Confiou no negocio, investíu, e nunha década incrementou un 900% a súa venda exterior. Desde o ano 2007 conta cunha lei que prohibe o comercio de munición nuns supostos amplos pero ben definidos. Falamos das situacións de conflito, perfiladas do seguinte modo: Cando existan indicios racionais de que poidan ser empregadas en accións que perturben a paz, para exacerbar tensións latentes, con fins de represión interna, ou en situacións de violación de dereitos humanos.
Malia isto, España vendeulle despois daquel ano armas a Libia, Exipto, Arxelia, Marrocos, Túnez, Arabia Saudita, Bahrein, Israel e outros países que vulneran sistematicamente os dereitos humanos. A Kazajstán, Uzbekistán, Turkmenistán ou Guinea Ecuatorial. E cuadriplicou ou quintuplicou o negocio -carécese de cifras veraces, pois, seguindo unha práctica habitual da administración española, tratáronse de maquillar as cantidades en sucesivos anos, conforme a potencia crecía-."
---
Fonte: www.dioivo.eu/portada/366-qmorenes-asesorou-a-venda-de-bombas-de-racimo-a-gadafi