You are here
Informe: A verdade do gasto militar español 2011. Gasto e I+D militar en tempos de crise
O Centro Delàs presenta o informe: "A verdade do gasto militar español 2011. Gasto e I+D militar en tempos de crise", no que se constata que nunha situación de grave crise económica e de presión internacional para a redución do déficit, o Goberno español opta por continuar privilexiando o gasto e a R+D militar por enriba doutros como os de sanidade ou educación, que ven reducidos os seus orzamentos en maior contía que o militar.
Os seus autores son Pere Ortega e Xavier Bohigas, ambos os dous investigadores do Centro Delàs. Podedes descargar o informe neste enlace: www.centredelas.org/attachments/654_Informe7_cas.pdf