You are here
En breve teremos lista a campaña galega de Obxección Fiscal ao Gasto Militar
O 7 de abril facenda abre a campaña da renda 2014, moitos grupos do Estado aproveitamos este momento para animar a facer Obxección Fiscal aos aos gastos militares na declaración do IRPF. Lembra que se queres facer este acto de desobediencia non podes confirmar o borrador que che envie facenda.
A xente do Espazo Aberto Antimilitar estamos a traballar para ter preparada a campaña pola Obxección Fiscal aos gastos militares nuns días. Iremos informando a través desta web e dos perfís nas redes sociais da actividade que vaiamos xerando.
Achegamos unha entrada publicada na web de Tortuga onde podes atopar moita información, resolver dúbidas, destinos propostos... sobre a OF. Neste enlace toda a información: www.grupotortuga.com/Campana-de-Objecion-Fiscal-al%2c305
Deixamos tamén o enlace da campaña de CGT: http://cgt.org.es/objecion-fiscal-2015