You are here
Non confirmes o borrador da renda, fai Obxección Fiscal!
Hai uns días que Facenda lanzou a campaña da renda 2022. Lembrade que temos unha oportunidade para desobedecer á guerra facendo Obxección Fiscal aos gastos militares.
O lema deste ano quere chamar a atención sobre o feito de que os cartos que se dilapidan na guerra e na industria militar non van a sanidade, educación, pensións, dereitos sociais e moitos máis ámbitos que ofrecen seguridade para a comunidade.
Nos seguintes día iremos dando máis información sobre a campaña galega.
etiquetas: