En 2022 desarma os teus impostos facendo Obxección Fiscal


Hai unha semana que iniciou a campaña da renda. Colectivos antimilitaristas de todo o estado animamos outro ano máis a desarmar os impostos facendo obxección fiscal ao gasto militar na declaración da renda.

Deixamos unha ligazón coas instruccións: https://www.grupotortuga.com/Como-se-hace-la-Objecion-Fiscal-al

A partida destinada ao ministerio de defensa nos orzamentos xerais do estado español para o ano 2022 ascende a 10.152 millóns de euros; ao redor do 0,8% do PIB, o que o coloca na terceira posición en canto ao destino de fondos. Por iso é necesario desfinanciar a guerra, esta campaña pode ser unha boa oportunidade.