Obxectade aos Gastos Militares nas vosas declaracións da renda


Hai varias semanas que xa está aberto o prazo para facer a declaración da renda, como vimos propoñendo desde hai anos animamos este momento para facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares. A través deste acto queremos manifestar o noso rexeitamento aos elevadísimos gastos militares que dedica o Estado Español, moitos colectivos e persoas defendemos que a verdadeira seguridade non está en facer negocios coa guerra. Para moitas a redistribución da riqueza e facer fortes as comunidades si que pode ofrecer seguridade para toda a humanidade.

As interesadas na campaña non deixedes de visitar a web: http://2021.nonaogastomilitar.org