Campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gastos Militar 2020


Lanzamos a campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2020, que este ano leva por título: "Desinfectemos os nosos cartos do militar". Debido ao confinamento provocado pola crise do coronavirus estreamos unha web con todos os datos desta campaña. Podedes visitala neste enlace: http://2020.nonaogastomilitar.org

Na web da campaña tedes alén do texto da campaña, información sobre como facer a campaña, destinos propostos e información sobre gasto militar no Estado Español.

Animádevos a realizar a OF, é moi sinxela, mais se tedes calquera dúbida contactade con nós.