Informe cos datos da campaña de Obxeción Fiscal ao Gasto Militar de 2019


Xuntamos o informe cos datos da campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar (OFGM) do ano 2019 (relativo ao exercicio fiscal 2018), podedes consultalo neste enlace: https://pazuela.files.wordpress.com/2020/03/informe-objecic3b3n-fiscal-2...

Segundo recolle o informe cos datos recollidos en 2019 326 persoas realizaron OF no estado español. Desviando un total de 25.814 euros a 93 proxectos que axudan a construír unha sociedade máis xusta, solidaria e en paz. No documento podemos ler que o "valor medio de las objeciones realizadas es de 79 euros, oscilando entre un euro, en el caso de las objeciones fiscales por un valor más bajo, y los 728 euros de la de valor más elevado. La cantidad objetada y desviada a otros proyectos con mayor frecuencia es 84 euros (en el 50% de las objeciones de las que hay datos). El segundo importe más frecuente a la hora de hacer OFGM ha sido 1 euro (algo más del 11% de las personas objetoras)".

O Servei d'Informació de l'Objecció Fiscal foi quen elaborou este documento, no inicio explican que son coñecedores de que houbo más peroas que participaron nesta campaña, mais estes son os datos recollidos. En breve, e malia o confinamento, vai iniciar a campaña da declaración da renda, aproveitamos para animarvos a seguir opoñéndovos aos gastos militares a través da Obxección Fiscal.