Destinos propostos na campaña de Obxección Fiscal 2009


Cada persoa obxectora fiscal decide onde, a que proxecto alternativo quere ingresar os cartos que desvía do IRPF para que, en lugar de ir ao Gasto Militar se dedique a unha verdadeira defensa: do desenvolvimento, do medio ambiente, da cultura, da dignidade das personas…

Todas coñecemos algunha organización ou grupo que traballa nestes campos. Dende os grupos de O.F. sempre propomos varios proxectos:

:: Galiza Non Se Vende ... rede de colectivos sociais autoorganizada que loita contra a degradación do medio galego, para que as persoas e o ambiente estean por riba do lucro. Por un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Terra viva e vida digna para tod@s! Máis info na web: www.galizanonsevende.org

:: Comida, Nom Bombas ... grupos de acción directa local contra a fame e a guerra: "Se o presuposto militar empreguara-se em alimentaçóm, podería-se erradica-la fame no mundo." (grupo Coruña) Máis info na web: comidanombombas.blogaliza.org

:: Anarquistas Contra o Muro ... grupo de activistas israelita que fan uso da acción direita en pro da eliminación do muro que encerra ao pobo palestiniano na Cisjordania ocupada. Traballan cos Palestinos nunha loita conxunta non-violenta contra a ocupación do estado Israeli. Máis info na web: www.awalls.org

:: Espazo Aberto Antimilitar, conxunto vigués de colectivos e persoas que traballan por unha sociedade desmilitarizada.

Conta conxunta para facer os ingresos: 2080-0169-53-0000025541, de Caixanova (indicade o proxecto, se non repartirase por igual)

etiquetas: