Este ano a Obxección Fiscal ao Gasto Militar hai que facela co programa PADRE


Este ano non se poderán mercar os impresos para a declaración da renda nos estancos, así que temos que variar o modo de facer Obxección Fiscal ao Gasto Militar, aínda que basicamente segue sendo a mesma.

Como xa vén sendo habitual, o primeiro paso é non confirmar o borrador. Se o fixésemos, poderiamos pedir unha corrección posterior, pero xa estariamos a complicar o noso traballo.

A continuación faremos a declaración co programa PADRE, indicando a cantidade de diñeiro que queremos desviar para a nosa obxección nalgunha das casas de "Retencións e demais pagamentos a conta". Este ano son as comprendidas entre a casa 512 e a 522. O propio programa encárgase de facer os cálculos co dato que incluímos.

Unha vez rematada a declaración, non a enviamos a Facenda por vía telemática. No noso caso imprimímola. Riscamos o enunciado da casa que utilizamos para a obxección fiscal e sobrescribimos "Por Obxección Fiscal ao Gasto Militar", tal como faciamos antes.

Presentamos a declaración, modificada coa obxección fiscal, no banco, delegación de Facenda ou rexistro público, incluíndo o recibo da transferencia do diñeiro desviado e a carta a Facenda.

Como comentamos ao principio do artigo, xa non se venden impresos para facer a declaración a man, pero en Facenda subministran sobres nos que gardar a declaración imprimida. Será necesario conseguir un deles para entregar a nosa obxección.

Xa está. É practicamente igual que todos os anos, simplemente que debemos facela -nunca entregarla!- co ordenador.

---

Fonte: http://www.grupotortuga.com/Este-ano-la-Objecion-Fiscal-al