Xornadas antimilitaristas no C.S. Fuscalho (A Guarda)


O C.S. Fuscalho organiza o sábado 20 de decembro unhas Xornadas Antimilitaristas nas que participaremos a xente do Espazo Aberto Antimilitar.

Nesa data proxectarase o documental: "Ken-MOC de Bilbo" que logo dará paso a unha palestra/debate que leva por título: "25 anos de insubmisión na Galiza".

Durante o desenvolvemento das xorndas permanecerá exposta a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo".