You are here
A presenza do Exército
As Forzas Armadas Españolas están despregadas a día de hoxe, segundo a información pública, nos seguintes lugares: Afganistán (operación “Libertad Duradera” da OTAN), Bosnia (EUFOR, da Unión Europea), Líbano (FINUL, de Nacións Unidas), República Centroafricana, Yibuti (misión da OTAN contra a pirataría) Mali e Somalia. Recentemente participaron tamén na guerra civil de Libia, apoiando o derrocamento de Gadafi.
Estas intervencións exteriores adoitan aparecer sempre nos orzamentos do estado cunhas partidas moi inferiores ás reais (por exemplo, no ano 2011: 14 millóns presupostados; 861 millóns gastados realmente).
Porén, existe tamén un “despregue interior” consistente na ocupación de espazos civís por parte do exército. Un bo exemplo disto é a UME (Unidad Militar de Emergencia), pero tamén a ameaza de intervención do exército en conflictos como foi a folga da recollida de lixo en Madrid, hai ben pouco.
En todo caso, as leis gobernamentais, aprobadas ou en proceso, en materia de control cidadán e seguridade, así como a incesante e moi custosa propaganda destinada a mellorar a imaxe do exército, suxiren unha progresiva militarización da sociedade por parte dos sucesivos gobernos, que requiren unha oposición inmediate por parte da sociedade.