Os froitos da insubmisión


Ao longo das xornadas organizadas tanto en Vigo como Morrazo sobre antimilitarismo e historia da insubmisión nestes últimos meses, xurdiu sempre o cuestionamento dos froitos daquel movemento, á marxe da posible precipitación da fin do servizo militar obrigatorio, e a dúbida de se deixou ou non algún pouso real na sociedade.

Esta mesma semana, no semanario catalán La Directa podemos atopar unha resposta, por parte dun membro do movemento de oposición ao Pla Caufec encausado pola súa loita contra este proxecto urbanístico: "Viñamos doutras experiencias políticas, mirabamos cara Itoiz (en Navarra, onde houbo unha grande oposición a un encoro); viñamos da insubmisión ao exército e comozamos a practicar outro tipo de oposición. Queriamos visibilizar o conflito na rúa e puxemos en marcha accións de desobediencia civil non violenta".