Martes 13: Charla-coloquio sobre a insubmisión en Vigo


A xente de O Patio de Guixar organiza este martes de decembro unha charla/coloquio sobre a insubmisión en Vigo. Nela participarań César Goldi e Ricardo Conde, insubmisos á mili e presos de conciencia nas cadeas do goberno de Felipe González.

Será o martes 13 a partires das 20:00 nos locais que esta asociación O Patio de Guixar ten na rúa Xulián Estévez 56, Guixar (Vigo).

Partillamos unha nova de La Voz de Galicia sobre o tema > http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/a-illa-de-arousa/2016/12/02/...