Informa se fixeches Obxección Fiscal ao Gasto Militar


Xa está pechado o prazo para presentar a declaración da renda, do mesmo xeito rematou tamén o momento para obxectar ao gastos militares.

Como dende hai anos e co fin de elaborar o informe anual cos datos das OF no Estado pedimos a vosa colaboración.

Precisamos que nos fagades chegar os seguintes datos: nome de pila, provincia onde se fai a declaración, contía de cartos obxectados e destino escollido.

Graciñas!