Imperialismo, fascismo e revolución. O discurso sobre a guerra na prensa anarquista galega


Nos anos trinta do século XX, as tensións sociais e a violencia política estaban aumentando no contexto da profunda crise económica desa década. A loita de clases, o expansionismo imperialista, o ascenso dos rexímenes totalitarios, as guerras nacionais ou o rearme militar eran expresións desta deriva que conducirá en poucos anos á Segunda Guerra Mundial. A interpretación que realiza o movemento libertario, destas cuestións é o obxecto de análise do noso traballo, a través do estudo de dous periódicos galegos -o semanario Solidaridad e o quincenario Brazo y Cerebro- publicados nos meses anteriores ao estoupido da Guerra Civil.

Tedes a info neste artigo: http://ccec.revues.org/3959