You are here
Contra as manobras da OTAN «Trident Juncture 2015»
Durante o mes de outubro e ata o 6 de novembro do 2015 terán lugar as manobras Trident Juncture da OTAN, principalmente en Italia, Portugal e no Estado Español.
Coa participación de máis de 36.000 militares de 30 estados, as manobras serán “o exercicio máis importante da OTAN durante 2015” e “o maior despreguamento da Alianza Atlántica trala «Guerra Fría» e na última década, segundo o propio Ministerio de Defensa Español. Máis da metade da forza militar, 20.000 soldados, despregaranse en oito puntos do Estado Español: A maior parte en San Gregorio (Zaragoza), aínda que Andalucía tamén terá un papel importante durante las manobras.