Comezou a campaña pola OFGM no Estado Español


Co mes de abril chega tamén o momento de que facenda nos pida contas a través das declaracións da renda. Por iso aquelas que esteades interesadas en facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares, tédevos que lembrar de non confirmar os vosos borradores.

Sabemos que a moitas de vos pensar nestes temas fai que tremades polo que dende o espazo habilitaremos espazos de asesoramento sobre como facer OF nas vosas declaracións, dentro de pouco achegaremos horarios e lugares.

A OFGM segue a ser unha ferramenta útil para moitas persoas e grupos que apostan por un mundo desmilitarizada e libre de exércitos, por iso grupos como Tortuga Antimilitar ou a xente de KEM-MOC comezaron coas accións a prol da OF.

Achegamos un artigo publicado na web de Tortuga que explica que é, como se fai, as razóns da súa necesidade... e moitas máis cousas. O tedes aquí: www.grupotortuga.com/Campana-contra-el-Gasto-Militar

http://www.grupotortuga.com/Campana-contra-el-Gasto-Militar