You are here
24/05 - Concentración contra a intervención imperialista en Libia
A Asemblea Aberta contra a Guerra volve a convocar unha concentración diante do MARCO (na rúa do Príncipe de Vigo) contra a intervención imperialista en Libia, será o martes 24 ás 20h00.
Con este texto chaman á mobilización:
"Chamamos a todas as persoas conscientes do que está a acontecer en Libia, isto é que os imperialistas vía OTAN están a asasinar a unha poboación e a destruir o país para saquear as súas riquezas naturais, que mostren a solidariedade que merece ese pobo, que fagan ver que non están de acordo coa xente que nos goberna, esa banda de corruptos e terroristas que decidiron unha vez máis meternos nunha guerra en beneficio de catro multinacionais do petróleo e todos os que se benefician desa rapiña. Non podemos aprobar, coa pasividade, este novo crime imperialista!! Manifestemos a nosa protesta participando na concentración. Convoca a Asemblea Aberta Contra a Agresión Imperialista. Acude e difunde."