Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción convocan unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.

O goberno galego quere facer de Galiza unha mina. Está malvendendo o noso territorio, cachiño a cachiño, ás multinacionais mineiras. De paso, saca un Plan Sectorial de actividades extractivas que pon a minaría por riba de calquera outra actividade. Mesmo por riba das que nos permiten obter os nosos alimentos, como se fose máis importante obter minerais que alimentarse.

Non podemos permitirllo. Non deixaremos que nos rouben o noso futuro. Vén con nós o día 2 berrarlle á Xunta que queremos conservar o noso territorio. GALIZA NON É UNHA MINA

etiquetas: 

É momento de ser desobedientes, e para quen vai facer a declaración da renda ofrecemos unha oportunidade : a OBXECCIÓN FISCAL aos GASTOS MILITARES.

Se queres asesoramento, queres resolver algunha dúbida, tes algún problemilla a xente do Espazo Aberto Antimilitar ofrecemos - durante o mes de maio- dous momentos para botarte unha man. Os momentos de asesoría neste mes son:

O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

O programa das xornadas, no que participa o Espazo Aberto Antimilitar, é o seguinte:

> SÁBADO 25

"Ferramentas para a transformación social", Manolo Saez de Baladre. No CS Revolta (Real 12) ás 18h00

> DOMINGO 26

Xornada formativa. Obradoiros básicos sobre: - Estratexia de medios

O 1 de Xuño a cidadanía europea manifestarase de xeito conxunto baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA". Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita conxunta contra os tres responsables das medidas de austeridade: BCE, FMI e CE.

Ese sábado 1 de Xuño, ás 12:00 Vigo sairá á rúa nunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de España á Porta do Sol. Velaquí tedes o texto desta convocatoria:

O 1 de xuño as vítimas do capitalismo saímos as rúas de Europa. Saímos en contra dese sistema baseado na inxustiza social, a degradación medioambiental, o empobrecemento da maioría da poboación e a explotación dxs de abaixo por parte dxs de arriba.

Pobos de toda Europa protestamos pola ditadura da troika (FMI, BCE e Comisión Europea). Levantámonos contra a hexemonía dese “Mercado”, que queren facernos crer que é impersoal, cando en realidade é un complexo mafioso composto por banqueiros, especuladores financeiros e inmobiliarios e por unha casta política allea á realidade das persoas.

Sabemos que hai moitas persoas que a declaración dalle medo e que pensar en facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares é porse ante un grave problema.

Por todo isto, pero tamén para resolver dúbidas ou facer aclaracións ofrecemos durante este mes de maio dous días á semana para atender a estas cuestións:

- Martes na Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo) a partires das 20h30

- Luns na ODS-Coia (locais parroquiais do Cristo da Victoria de Coia - Baiona 9, Vigo) de 17h00 a 19h00

Tamén resolvemos dúbidas a través do mail: info[arroba]nonaogastomilitar.org ou das redes sociais (facebook.com/espazo.antimilitar e twitter.com/nongastomilitar).

Animádevos e se a facedes comunicádenolo!

Cos cartos desviados apoiase a distintos colectivos, movementos ou loitas transversais á antimilitarista, como poden ser as loitas antidesenvolvementistas ou as antirrepresivas, entre outras, que procuran a transformación radical da sociedade. A elección é vosa, aínda que sempre facemos propostas, as deste ano son:

etiquetas: 

Dende o Espazo Aberto Antimilitar seguimos, outro ano máis, animando a facer obxección fiscal en contra dos gastos militarizados. Deixamos o texto de presentación da campaña 2013:

O presuposto do Ministerio de Defensa para o ano 2013 é de 5.937 millóns de euros o que, sendo unha barbaridade, supón un descenso do 6,01 % con respecto ao ano anterior. De feito, o presuposto deste Ministerio leva baixando dende o ano 2000, redución que provoca certa inquietude e indignación entre os mandos e responsables militares. Con eses cartos non se pode matar case que nada nin mercar artefactos bélicos de última xeración! Así non hai quen defenda a unidade nacional nin organice desfiles vistosos! e outras queixas polo estilo (se ben, eles dino moito máis fino, que son xente preparada). Esta cantidade apenas dá para pagar os xornais de persoal! Persoal que, por certo, ascende a preto de 180.000 efectivos: 80.000 soldados e mariñeiros, máis de 54.000 (?) mandos, persoal civil e un número indeterminado de reservistas, que non se sabe moi ben para que serven, pero que están aí por se acaso.

Tan pobre é o exército español que para un tema tan importante como “misións internacionais” só se presupostan 14 millóns de euros (claro que no ano 2011 tamén estaban presupostados 14 millóns e a final de ano gastáranse 861).

Recomendamos que miredes o vídeo da charla que a xente de Utopía Contagiosa ofreceu o 17/11/12 no CSOA La Morada (Madrid). Vos anexionames tamén un informe pormenorizado sobre o Gasto Militar do 2013, de Utopía Contagiosa.

Páxinas