Mentira 5 - “O noso exército é legal, constitucional e democrático”


Certo é que o ordenamento xurídico, comezando pola Norma Máxima que é a Constitución, consagra a existencia das Forzas Armadas. Iso acontece no noso país e en case todos os do mundo (agás os que non teñen exército), sexan "democracias" ou ditaduras de esquerda ou dereita.

Non convén esquecer o potente poder fáctico que constitúe calquera exército do mundo e o seu longo historial á hora de intervir violentamente na política para desfacer gobernos e facer ditaduras. En España temos abundante experiencia neste sentido. Por iso non pode estrañar que non haxa lexislacións apenas no planeta que non se subordinen e axeonllen ante a violencia militar organizada que ameaza cal Espada de Damocles con cargarse dun plumazo calquera ordenamento social que lle resulte incómodo ou sospeitoso.

En España, de feito, a Constitución redactouse baixo a "atenta vixilancia" do sabre militar, o cal planeou como unha sombra en todo o desenvolvemento lexislativo da chamada "transición", amagando e nalgunha ocasión atentando con golpes de estado. Non hai nin pode haber institución máis antidemocrática "per se" que un exército. Por moito que este se disfrace de submiso ao poder civil, só o será en tanto e canto non se sinta defraudado nos seus intereses. Nese caso quitará a careta máis pronto que tarde.

Por outra parte o feito de que algo sexa "legal" non o converte nin en moral nin en ético. De feito estamos aburridos de ver como ao longo da Historia os poderes establecidos outorgaron a marca da legalidade a situacións que hoxe nos resultan aberrantes. Legal foi a escravitude das persoas negras ata hai un par de séculos, legal foi o xenocidio de xudeus na Alemaña Nazi e legal é a pena de morte a persoas homosexuais en diferentes países do mundo. Que o exército español sexa legal non é argumento que lexitime a súa existencia. Como moito fálanos do seu omnímodo poder e da súa influencia determinante sobre o poder civil.

Vía: www.antimilitaristas.org

etiquetas: