You are here
Mentira 2 - "Un país que abolise o seu exército sería invadido inmediatamente polos seus veciños"
Non é certo que os exércitos sexan imprescindibles tal como están as cousas no mundo. De feito esa é unha idea pesimista e alarmista que fan circular os que están interesados en que o mundo siga sendo como é e non cambie, tratando de que cale na sociedade, que a xente teña medo e estea a favor da existencia de todo tipo de institucións armadas supostamente defensivas.
Hai multitude de pequenos países no planeta que non teñen forzas armadas, entre eles Costa Rica -que non está nunha zona do mundo moi tranquila precisamente-, ou Andorra, que o temos aquí ao lado, e a ninguén se lle ocorre ir a invadilos.
Por certo que o caso de Costa Rica é paradigmático. A abolición do exército, efectuada hai bastantes décadas e consagrada na súa Constitución, lonxe de supoñerlle invasións por parte dos estados lindantes, permitiulle ter un nivel económico, de prestacións sociais, de conservación do medio e de conciencia cívica que é a envexa de toda a rexión.