You are here
Exército Europeo?
Xunto con outras organizacións do estado español, acabamos de apoiar a publicación dun documento do Colectivo Utopía Contagiosa, sobre a idea que se manexa en Europa dun exército europeo.
Aínda que é algo oculto, a realidade é que a construción da superestructura europea tamén consolida un reforzo do militarismo e a idea intervencionista como un dos seus grandes eixos.
Existe a idea na sociedade de que Europa te unha certa debilidade militar, o certo é que os países europeos, no seu conxunto, contan con máis de 6.300.000 efectivos adestrados para a guerra ou en activo militar, cun gasto militar conxunto que supera os 230.000 millóns de euros anuais, cunha industria de armas que exporta armas (e conflitos) por máis de 140.000 millóns de euros cada ano e cun historial intervencionista de máis de 40 operacións militares no exterior baixo bandeira da U.E.
Pero iso non é todo. A "pacífica" Europa conta cun verdadeiro corpo militar, que xa opera en accións no exterior, así como cun Estado Maior propio, un sistema de espionaxe ao uso, un comité político e de seguridade que en teoría dirixe as operacións militares nas que se involucra Europa, un Comité Militar que conduce ditas operacións, e unha Axencia Europea de Defensa que consolida un polo militar-industrial ao servizo da remilitarización industrial e a venda de armas ao exterior.
A iso únense unha serie de disposicións políticas e económicas que na práctica están supoñendo a creación de novos corpos militares especializados, a coordinación de investimentos militares, o aumento do gasto militar europeo e unha política exterior cada vez máis implicada militarmente.
Podedes descargar o documento neste enlace: https://drive.google.com/file/d/0B2MSMB6UBOP9R3k4YmVqcGc3cDA/view e neste http://es.scribd.com/doc/280016908/Ejercito-Europeo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ejército europeo.pdf | 1.73 MB |