You are here
Contra as manobras da OTAN “TRIDENT JUNCTURE 2015”
Durante o mes de outubro e ata o 6 de novembro, terán lugar as manobras Trident Juncture da OTAN, principalmente en Italia, Portugal e no Estado español co propósito de adestrar e ensaiar operacións de intervención a grande escala fronte á terceiros países.
Será un exercicio en que participarán 36.000 efectivos de máis de 30 nacións, dos cales 20.000 manobrarán simulltaneamente no Estado español.
Constará de dúas fases: unha de avalización e certificación da estructura de mando (onde os militares xogarán dentro das súas bases), e unha segunda onde sairán a xogar á guerra nos nosos territorios, ensaiando operacións navais, aéreas, terrestres, desembarcos anfibios, paracaidistas, accións en ambiente urbano, intervencións en ambiente NRBQ [nuclear, radiolóxico, bacteriolóxico e químico] e actuación de forzas de operacións especiais.
Só en 2014 o gasto militar mundial foi de 1,8 billóns de dólares, mentres que no 2016 o Estado español consumirá 24.489,96 millóns na preparación da guerra e control social. Na actualidade os 5 países con maior gasto militar de Europa occidental son Francia, Reino Unido, Alemaña, Italia e o reino de España.
As verdadeiras razóns que se agochan tras os intereses da OTAN, non son a paz ou a defensa dos dereitos humanos, senón o control de recursos como a auga, os minerais, o petróleo, o gas natural, a pesca, a agricultura ou o territorio, así como facer unha demostración de forza ante Rusia e a China.
Nós non queremos ser cómplices das súas guerras criminais nin das súas manobras bélicas, porque cremos que a sociedade debe sustentarse noutros valores, como o apoio mutuo, a solidariedade entre pobos, o intercambio entre as distintas culturas, o coidado do medio, a cobertura das necesidades, como a sanidade, a educación, a alimentación, a enerxía, o respecto á soberanía dos pobos...
Non cremos nas súas Guerras Humanitarias e de propaganda. Os estados da OTAN venden armas, invaden ou bombardean para logo facer negocio coa reconstrución e acoller “solidariamente” as refuxiadas.
Fóra Militares, Non as Manobras Bélicas Trident Juncture!